Somos BOMBO, un pequeno gran equipo e estámoste esperando.
Poderíamos dicir moitas cousas sobre nós, pero se temos que destacar unha, sería o compromiso. O noso compromiso e implicación en cada proxecto aparece porque poñemos o corazón en cada deseño. Somos dinámicos e organizados, pero non o imos negar, temos ese punto creativo da vella escola da publicidade. Deseñamos contigo, non para ti.

O noso equipo

O noso equipo, en constante evolución, está formado de base por tres deseñadores con diferentes especializacións: Juan Regueiro, Alberto Murillo e Cecilia Martínez que abarcan diferentes proxectos dende a xestión previa ata o resultado final, acompañándote durante todo o proceso de deseño. E ti, queres coñecernos?

Colaboradores e colaboracións

Somos pequenos, pero matóns. Por iso o noso equipo medra de forma dinámica grazas á nosa rede de profesionais colaboradores que traballan con nós según as necesidades específicas de cada proxecto. Que precisas unhas fotos? Contamos cos mellores fotógrafos para ti. E se necesitas o teu material impreso, nin te imaxinas os provedores cos que contamos.

Ademais, o noso equipo adáptase tamén a outros sectores e formamos parte de equipos de traballo aportando o noso grao de area. Longa vida ás colaboracións!

" O DESEÑO É O PENSAMENTO FEITO VISUAL"

Traballar en equipo

Gústanos implicarnos en cada proxecto, por iso a nosa forma de traballo está ligada á proximidade co cliente e o traballo en equipo. Queremos escoitarte e poder aconsellarte con propostas creativas e innovadoras que axuden a impulsar a túa marca. Se necesitas darlle un aire ao teu proxecto, temos o que estás buscando.

METODOLOXÍA

1

Investigación

Para nós todo proxecto debe ter un proceso de investigación previo, isto axudará a xerar unhas bases de traballo para conseguir os mellores resultados. Ademais, somos curiosos por natureza.

2

Análise

Analizar, analizar e logo tomar decisións, esa é a cuestión. Así as decisións serán máis acertadas e iso verase reflexado no resultado final. Veña, imos mirar os datos con lupa!

3

Estratexia

Se temos que percorrer un camiño, mellor será ter un plan. A planificación e a estratexia son claves para a túa marca e comunicación, cada paso estudado será benvido cando o tempo che pise os talóns.

4

Deseño

E cando chega a parte de deseño, vímonos arriba. Experimentamos coa estética e a funcionalidade para conseguir un resultado creativo. Para que mentir?, gústannos as cores!

5

Desenvolvemento

Unha vez encarreirado o deseño, toca a parte de desenvolvemento do proxecto ao completo. Neste momento, é cando vemos todas as posibilidades que ten un concepto, e aquí, é cando choramos de alegría.

6

Lanzamento

O proceso chega ao seu fin e con el, o lanzamento do proxecto e a hora de velo en acción. Involucrámonos tanto no proceso, que nos poñemos nerviosos e contentos como se fora o noso propio proxecto.

Algúns dos nosos clientes

RECOÑECEMENTOS AO NOSO TRABALLO

Premios:

  • Selección Anuaria: Premio Anuaria al mejor Programa de identidad corporativa (Mad Marx).
  • Selección Anuaria: Premio Anuaria al mejor trabajo de autopromoción.
  • Selección Anuaria: Premio Anuaria a la mejor campaña de publicidad en medios digitales. (Murder Party. Dinahosting)

Libros e publicacións:

  • Revista Visual
  • Guía Creativity 2008
  • Packaging & Structure. Sendpoint publications.
  • Select G. Index book Editions
  • Card design. Lnpress editors

Mencións en blogs especializados en deseño e tendencias:

  • trendhunter.com
  • packagingoftheworld.com
  • creative-inspiration.co.uk

Participación en charlas e conferencias:

  • "Un pez fuera del agua" en la EASD Pablo Picasso. (Conferencia)
  • We are ads. Festival de Publicidad de la Facultad de CCSS y Comunicación de Pontevedra. (Conferencia)

Talleres:

  • Cursos de caligrafía y Lettering en el MAC, Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña
    (4 ediciones)
  • Taller de Caligrafía en la Biblioteca Municipar de A Coruña.
  • Taller de Letras Capitulares para niños en la Biblioteca Infantil del Forum Metropolitano
    (A Coruña)
Política de cookies ·