Gústanos o deseño e cremos no que facemos

Consideramos o deseño un piar fundamental no crecemento de empresas e proxectos. Por iso, planificamos e deseñamos solucións visuais creativas que axuden a transmitir as mensaxes dos nosos clientes para que conecten co seu público obxectivo. Unha identidade coidada é importante, porque non esquezas que, unha imaxe vale máis que mil palabras! Se estás de acordo coas nosas ideas Queremos deseñar contigo!


Estratexia de marca

Toda marca necesita unha estratexia con obxetivos, para iso analizamos as necesidades do teu proxecto e deseñamos estratexias de marca con personalidade propia para chegar aos teus clientes. Primeiro debemos saber o que queremos dicir e logo diremolo da forma adecuada para a túa marca a través da comunicación nos canais elexidos. Se non estás seguro de que falla na túa identidade, nós encargarémonos da análise e propoñemos solucións.

  • Análise interno
  • Competencia e diferenciación
  • Posicionamiento de marca
  • Proposta de valor
  • Arquitectura de marca

Identidade visual

Pode que o da identidade visual ou corporativa che soe a outro idioma, pero no fondo sabes perfectamente que a túa empresa necesita unha marca, un logo ou branding que a represente e transmita os seus valores. Logo dun proceso de investigación e análise, encargámonos de deseñar todos os elementos da túa identidade corporativa para que poidas impactar e diferenciarte no mercado. Faremos brillar a túa marca!

  • Identidade corporativa
  • Deseño de marca
  • Branding
  • Naming
  • Deseño de packaging

Comunicación e publicidade

Unha marca que non comunica non ten futuro. E se falamos de futuro, debemos pensar en obxectivos a curto e longo prazo; por iso traballamos un plan de comunicación personalizada do teu proxecto, así xeramos un estilo e ton propios para dar visibilidade á túa marca a través da publicidade e chegar ao teu público obxectivo. Por suposto traballando sempre cunha metodoloxía creativa e próxima para acadar os obxectivos establecidos. Comunicamos?

  • Tono e comunicación
  • Publicidade
  • Estratexia
  • Plan de comunicación
  • Creatividade

Deseño editorial

Cada marca conta co seu propio contigo, pero o seu éxito dependerá de como se mostre ao público. Nós encargámonos de darlle formato cunha maquetación coherente coa túa marca, de forma creativa e personalizada según as necesidades. Ben sexa un libro, un catálogo ou un folleto, conseguiremos captar a atención dos teus lectores acompañándote en todo o proceso, dende o deseño á impresión para que o resultado sexa todo un éxito.

  • Maquetación editorial
  • Deseño de catálogos
  • Edición e maquetación de revistas
  • Dossier corporativo
  • Folletos e flyers promocionais

Deseño web e dixital

Se a túa marca non está na rede, non existe. Unimos deseño e funcionalidade logrando páxinas web atractivas dende o primeiro click, que sirvan como carta de presentación do teu proxecto, coidando ademais a experiencia de usuario, usabilidade e posicionamiento. A túa páxina web será responsive? Por suposto. A súa visualización será correcta en todos os dispositivos. Para un resultado óptimo, contamos con programación e desenvolvemento web personalizado para cada proxecto.

  • Deseño página web e landing pages
  • E-commerce
  • Deseño dixital
  • Posicionamiento SEO/SEM
  • Deseño de aplicacións

Marketing e Social Media

Non o imos negar, gústanos planificar e xerar obxectivos, por iso debemos contar cunha **estratexia de marketing online **que nos axuda a xerar tráfico e visitas a unha páxina web para conseguir conversións e recoñecemento de marca. Grazas a ferramentas como as redes sociais, o email marketing ou a creación de contidos, provocamos unha repercusión e impacto no noso público obxectivo para lograr crear una conexión coa túa comunidade online.

  • Social media plan
  • Xestión de redes sociais
  • Email marketing
  • Social Ads
  • Marketing de contidos
Algúns dos nosos clientes
Política de cookies ·