O transistor

Identidad
Print
Publicidad

Deseño de identidade corporativa de O transistor, un novo local ubicado en Ames onde se dan cita os cócteles e a boa música no mellor dos ambientes. O reto do proxecto era transmitir coa gráfica a marcada personalidade do local e a súa filosofía, algo que se consegue partindo dun lettering manual e personalizado para o deseño do logo.

O logo foi deseñado partindo dun lettergin manual para conseguir a expresividade e a personalidade buscadas, o cal, en conxunto cunha paleta cromática vibrante e moi contrastada e unha tipografía manual de acompañamento, logramos un efecto con moito carácter propio que reflexa a forza da idea inicial.
Lévase a cabo o deseño de distintas aplicacións corporativas tendo en conta a gráfica. Co deseño de camisetas, posavasos, carta de produtos e pizarras entre outros, conseguimos dotar o material a usar no local da mesma identidade e carácter, creando un ambiente de armonía visual dentro do local, onde este estilo tamén foi respetado en toda a decoración.

Para o deseño do material, deseñamos diferentes formatos do logo, que se adaptan a tódalas necesidades corporativas sen perder a esencia do lettering inicial.
No deseño de tódolos elementos corporativos, xoga un importante papel o contraste da paleta cromátiva que nos da unidade visual. Todo o anterior, fai que O transistor se convirta nun local único onde se respira o bo rollo do traballo ben feito, con ganas e ilusión.
Política de cookies ·