Identidad
Publicidad
Koompany é un proxecto que se adica ao crecemento, ao negocio dixital e marketing online para empresas. Cun equipo xoven e dinámico, Koompany é a empresa que buscan profesionais, empresarios e emprendedores á hora de implementar a súa estratexia de marketing, por iso, para o deseño de marca buscouse un resultado fresco e acorde á súa filosofía de empresa.
Usouse o concepto de infinito que reflexa a forza e complicidade que aporta a empresa, así como a confianza que ofrece á hora de traballar cos seus clientes, pensando nun traballo en equipo e de colaboración constante. Con isto, o propio símbolo pasa a formar parte da propia tipografia dentro do logotipo.
A paleta de cores, fresca e contrastada, reflexa o entorno dixital no que nacen os seus proxectos, converténdose tamén nunha seña de identidade de gran peso.